Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Campamentos de verán 2019 Novas

CAMPAMENTOS DE VERÁN.

  • Programa municipal para a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, e ao mesmo tempo darlle aos nenos/as a opción de disfrutar dun tempo de ocio san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais entre eles.
  • Desenvólvense no Polideportivo municipal e inmediacións do colexio. 
  • Actividade dirixida a público infantil, escolarizado, dende os 4 anos ata os 12. 
  • Campamento de Verán para nenos e nenas do Corgo, de entre 4 e 12 anos.
  • As actividades comenzan ás 9:00 h da mañá e rematan as 15:00 h, dende o 25 de xuño e  durante os meses de xullo, agosto e ata o día 6 de setembro.
  • Os usuari@s traerán bocadillo e auga para mediamañá, así como visoiras, roupa e calzado cómodo. O equipo de monitores informará de calquera outra necesidade, como crema solar, etc..
  • O custe da semana é de 15 euros para os nenos/as do Corgo e 20 para os que non estén empadronados. (Terán preferencia os nenos/as do Corgo)
  • O custe do campamento desglósase semanalmente, pero para facilitar a programación, agradécese que haxa unha previsión anticipada de cada  quincena ou mes, así como se garantiza o dereito a ter praza durante  todoa temporada.
  •  Inscricións  e información antes do 20 de xuño, no Centro Sociocultural do Corgo.

CURSOS DE INFORMATICA E MECANOGRAFÍA.

  • Clases de mecanografía e informática para nenos gratuitas no Telecentros municipal
  • Grupos reducidos. A partir de 7 anos.
  • Manexo de ferramentas básicas, como word, power point, internet,..
  • Horario de mañás, de martes a venres. 
  • Mais información no 982302377

Ler máis ...

Páxina 11 de 76

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate