Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL .  PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Novas

O  Xoves día 16 de Xaneiro,  ás 13:30 horas no Centro sociocultural do Corgo, preséntase o programa  PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO,destinado a contribuír a mellora da empregabilidade no rural mediante a formación consistente na financiación dos custos directos en  materia de autoemprego e creación de empresas, así coma na formación específica en materias de sectores concretos: hostalería e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente.

Está dirixido a aqueles mozos e mozas que desexen participar na  formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún  concello dos participantes definidos no  Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

  * Mozos e mozas MAIORES DE 16 E MENORES DE 30 ANOS no momento da solicitude. 

 * Estar INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA  XUVENIL.

 * Os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida deben estar  EMPADROADOS durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios recollidos no Anexo I- LISTAXE DE CONCELLOS desta convocatoria.

  * Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da  Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.

 FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

        * Presentación telemática a través da sede electronica    http://sede.deputacionlugo.org

        * Presentación en papel: descargando a documentación que se atopa  na web  e na sede electrónica  da  Deputación de Lugo.

        PRAZO: 17/12/2019 AO 20/01/2020

 

DOCUMENTACIÓN XERAL.

        * Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1. “Genérate tu empleo en el rural” Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
        * DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso
        * C.V actualizado.
        * Certificado de empadroamento a data da solicitude.
        * Xustificante de inscrición no ficheiro do sistema nacional de  garantía xuvenil.
        * Anexo II – Declaración responsable do participante ao inicio da actuación asinado.
        * Anexo III - Autorización para actuar como representante a efectos  da solicitude, de ser o caso.

      * Certificacións de estar o corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo.

       * Certificado da conta bancaria onde conste como titular o  solicitante.

Durante a formación de 4 semanas, percibirán 14€ por día, e no periodo de prácticas en empresas, de 8 meses, un soldo mensual como mínimo de 900€

Para máis información ou dúbidas podedes poñervos en contacto   a través do 982.260.204  e no enderezo electrónico agenciadecolocación@deputacionlugo.org

Bases do programa en arquivo adxunto deste anuncio.

  

Ler máis ...

CUSO DE ALZHEIMER  E OUTRAS DEMENCIAS. Novas

 

 

CONTIDOS DO CURSO:

1.- DEMENCIA.

  • DEFINICIÓN.
  • EPIDEMIOLOXÍA.
  • ETIOLOXÍA.
  • CLASIFICACIÓN E TIPOS

2.- ASPECTOS PSICOSOCIAIS DAS DEMENCIAS.

  • PERFIL COGNITIVO SEGUNDO A DEMENCIA E FASES.
  • PROBLEMAS CONDUCTUAIS.
  • INTERVENCIÓNS/PAUTAS EN RELACIÓN AOS DÉFICITIS COGNITIVOS.
  • INTERVENCIÓNS /PAUTAS PARA O MANEXO CONDUCTUAL.
  • SOBRECARGA DO CUIDADOR.

3.- A OCUPACIÓN EN PERSOAS CON DEMENCIA.

  • DEFINICIÓN DE OCUPACIÓN E TIPOS.
  • POR QUÉ SE VE AFECTIADA A OCUPACIÓN EN PERSOAS CON DEMENCIA?
  • CÓMO ACTUAR? PAUTAS PARA O DÍA A DÍA.

 

DIPLOMA ACREDITATO

 

DATA: VENRES 31 DE XANEIRO. 

HORARIO: DE 16:00 A 20:00H.

LOCAL: ANTIGA ESCOLA DE GOMEÁN.

CURSO GRATUITO.

ORGANIZA CONCELLO DO CORGO.

MAIS INFORMACIÓN NO 982302377 OU 620731543

 

Ler máis ...

O Corgo no mapa sonoro de Galicia. Novas

O mapa sonoro de Galicia é un proxecto do Consello da Cultura cun total de 500 rexistros sonoros, onde entre outros, segundo recolle o artigo de María Guntín na Crónica Poética, na Voz de Galicia, figuran os sons que se desprenden  ao rozar os toxos , ou peneirando o gran en Marei, ademáis doutros sons da natureza, como o das follas secas no Corgo ou os cánticos da auga que corre polo  río Miño.

 

Mapa sonoro de Galicia

Artículo La voz de Galicia

Ler máis ...

Páxina 15 de 94

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate