Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas O CORGO NO IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA. PROXECTO CORGORAL.
26 Abr

O CORGO NO IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA. PROXECTO CORGORAL.

 

 

A Asociación Galega de Antropoloxía AGANTRO celebrou en formato telemático o pasado venres 23 de Abril o IV Congreso Galego de Antropoloxía, baixo o lema “Da Xeración Nós á Nova Antropoloxía Galega”. Participaron nesta sesión telemática máis de corenta especialistas, dos que unha ducia presentaron diversas experiencias e proxectos de investigación. E o Concello do Corgo estivo representado neste congreso coa comunicación do antropólogo Lois Ladra titulada “O Proxecto CORGORAL: documentar o Patrimonio Cultural Inmaterial en tempos de pandemia”. O que se pretendeu neste primeiro encontro internacional no que foi presentado nun foro científico o Proxecto CORGORAL foi amosar a grande riqueza patrimonial do municipio corgués e a súa enorme potencialidade como base territorial para o desenvolvemento dun proxecto cultural pioneiro no ámbito municipal galego. Aproveitamos para lembrar a todos os interesados que queiran colaborar con esta iniciativa que poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, de luns a venres, de 09:00 a 17:30 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

pdf PROXECTO CORGORAL NO PROGRAMA IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA (82 KB)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate