Vostede está aquí: Inicio Concello Información Ordenanzas

Folder Ordenanzas

Documentos

Ordenanza reguladora da taxa pola realización de actividade administrativa

A actual  ordenanza fiscal reguladora da taxa pola realización de actividade administrativa  foi publicada no BOP nº 9 do 11 de xaneiro do 2013, aprobada polo Pleno do 20 de novembro 2012. Está estructurada en oito artigos, unha disposición derrogatoria ( que deixa sen vixencia a anterior ordenanza) e unha disposición final. 

O pleno do Concello acorda  unha modificación o 27 de  setembro do ano 2013, da que se informa no BOP do 28 de novembro do mesmo ano. Trátase de cambios na redacción do artigo 8 (Réxime de declaración de ingreso), e novos apartados que se engaden aos   artigos do feito impoñible ( art. 2) e cota tributaria ( art. 6).  A maiores,  na  última liña do art.6  limítase o referente  ás expecións das compulsas en asuntos agropecuarios para as explotacións ubicadas no concello do Corgo.

Ordenanza reguladora da taxa polo servizo de subministro de auga domiciliaria

A ordenanza reguladora da taxa polo servizo e subministro de auga domiciliaria foi aprobada xunto co regulamento do servizo, polo Pleno do Concello o 28 de xullo do 2006, e publicada no BOP da provincia o 10 de Novembro do 2006. A ordenanza consta de 11 artigos, unha disposición adicional e unha final. O Regulamento desenvólvese en seis títulos con trinta e cinco artigos.
A primeira modificación que sufre é aprobada polo Pleno o 29 de decembro do mesmo ano, e modifica os artigos 6.1, 6.2,  (producindo un cambio nos periodos temporais de consumo, que pasan a ser de trimestrais a semestrais, e polo tanto tamén a cota) e o art. 7.2 ( polo mesmo motivo). Publícase no BOP do 19 de xaneiro do 2007. 
Posto  que no art. 6 da ordenanza só se recollían as "augas entroncadas á rede municipal con captación no río Tórdea", o Pleno acorda o 27 de novembro do 2008 facer unha nova modificación que se publica no BOP do 20 de marzo do 2009, coa que se introduce outro apartado no devandito artigo, o 6.3, e que contempla os entronques a outras redes xerais municipais que non teñan a súa captación no río Tórdea.
 A derradeira modificación afecta ao artigo 6.4, adoptada por acordo do Pleno do 5 de marzo de 2015 e publica da no BOP do 11 de abril do mesmo ano, e recolle  os novos custos dos entronques. 

Ordenanza reguladora da taxa por recollida de R.S.U

 No BOP nº 140, do 20 de xuño do 2006, publícase o texto definitvo da ordenanza reguladora da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos , que fora aprobada polo Pleno o 31 de marzo dese mesmo ano. Está estructurada en  dez artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria e unha final.

Por acordo do pleno do 28 de marzo do 2008, publicado no BOP do 14 de xuño do 2008, nº 136, determínase a primeira modificación, constistente en establecer as tarifas anuais e semestrais para os próximos cinco anos ( 2009, 2010, 2011, 2012  e 2013).

A derradeira modificación aparece no BOP nº 64 do 20 de marzo do 2009,  e foi adoptada polo Pleno do  27 de novembro do 2008.  Con ela o Grupo I  que recollía o artigo 5 e só  incluía " vivendas" pasa a ter  un novo epígrafe: " Vivendas e locais ou edificacións non contempladas nos grupos 2 a 6".

Ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

A ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, está publicado no BOP nº 296 do 28 de decembro do 2011, e aprobada polo Pleno do Concello do 16 de novembro dese ano.

Consta de dous artigos, uhha disposición adicional (estructurada  en tres puntos), unha transitoria e unha derrogatoria.(que deixa sen vixencia a ordenanza fiscal, do 20 de decembro do 2001,así como a modificación que lle afectara).

Modifícase no 2015, concretamente por acordo do Pleno do 5 de marzo, publicado no BOP  nº 81 do 11 de abril, engadindo un  novo punto na disposición adicional,  que atinxe aos vehículos históricos, e que  entra en vigor o día 1 de xaneiro do 2016.

Regulamento do Rexistro de actividades e bens patrimoniais.

O martes,  9 de agosto do 2011 no BOP número 181, publícase o anuncio do Regulamento do Rexistro de actividades e bens patrimoniais, aprobado inicialmente polo Pleno na sesión extraordinaria do 18 de maio  do mesmo ano.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate