Vostede está aquí: Inicio Memoria do Corgo Vídeos 2014 MARTA CHOUSA. AS LEMBRANZAS DE MAREI

Vídeos sobre o Concello do Corgo

Varios son os documentos audiovisuais nos que se rexistraron diversos aspectos do termo municipal corgués, ben no seu conxunto, ben no relativo a algunhas das súas aldeas e parroquias. O certo é que non son moitos os vídeos que coñecemos actualmente, pero si nos consta que, ademais de certos programas televisivos xa emitidos, existen recollas e mesmo iniciativas particulares inéditas levadas a cabo por veciños e veciñas do Corgo. Algúns vídeos xa dispoñibles no portal do Concello.
Desde o Proxecto CORGORAL estamos a tentar recuperar varios documentos audiovisuais para poñelos a libre disposición, consulta e visualización pública, sempre coa correspondente autorización dos seus lexítimos donos, ben sexa como creadores ou como gravadores orixinais. E abrimos fogo con “As lembranzas de Marei”, documental realizado no ano 2014 pola corguesa Marta Chousa, quen amablemente o cedeu para o seu libre e público deleite, ao tempo que se ofreceu para colaborar connosco en futuras edicións de materiais audiovisuais. En vindeiras datas iremos subindo á páxina web do concello outras gravacións de interese para todos os que queiran saber mais do noso concello. Así que xa sabedes: aquí agardamos polas vosas achegas!

2014 MARTA CHOUSA. AS LEMBRANZAS DE MAREI

3 months ago

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate