Vostede está aquí: Inicio Turismo Patrimonio Cultural Patrimonio Relixioso

Patrimonio Cultural

Proporcional á extensión do Concello e ao número de núcleos veciñais, tamén son os signos da historia. Os castros son os elementos máis antigos que podemos recoñecer , como son o Castro de Eirexe ( no Alto), o Castro de Castrilón ( Castrillón), o da Croa ( en Chamoso), o Poboado do Castro en Farnadeiros, o Castro de Tras da Zarra o de Ramil e o de Navás en Laxosa, ou de Manán e Queizán de Abaixo.

 

As pegadas medievais tamén se divisan nos Sartegos antropoides de Santa Mariña ( Cabreiros) nos Sartegos de San Cristobo de Chamoso , en Queizán de Abaixo, ou en Pedrafita, no antigo emprazamento da igrexa. En canto á arquitectura relixiosa destacan as igrexas parroquiais, así como os cruceiros e os cemiterios. Algún dos cruceiros máis destacados son o de San Andrés de Chamoso ou o cruceiro de S. Andrés en Hospital. En Anseán, en Pena do Souto tamén se atoparon pedras de culto. As igrexas máis antigas son de estilo románico, tendo en común a pranta rectangular e os restos deste estilo.

Catalogada como un humilde exemplo de románico rural. Correponde á segunda metade do século XII, con frontis moderno.

Ler máis ...

Igrexa románica con nave a dúas augas. Alberga unha virxe románica do século XIII

Ler máis ...

Igrexa de S. Martiño de Folgosa.

Humilde igrexa románica de pedra de sillería, con ábside semicircular mais baixa. Ten nave a dúas augas.

Ler máis ...

Páxina 2 de 4

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate