Vostede está aquí: Inicio Turismo Patrimonio Cultural Mostrando artículos por etiqueta: patrimonio

Patrimonio Cultural

Proporcional á extensión do Concello e ao número de núcleos veciñais, tamén son os signos da historia. Os castros son os elementos máis antigos que podemos recoñecer , como son o Castro de Eirexe ( no Alto), o Castro de Castrilón ( Castrillón), o da Croa ( en Chamoso), o Poboado do Castro en Farnadeiros, o Castro de Tras da Zarra o de Ramil e o de Navás en Laxosa, ou de Manán e Queizán de Abaixo.

 

As pegadas medievais tamén se divisan nos Sartegos antropoides de Santa Mariña ( Cabreiros) nos Sartegos de San Cristobo de Chamoso , en Queizán de Abaixo, ou en Pedrafita, no antigo emprazamento da igrexa. En canto á arquitectura relixiosa destacan as igrexas parroquiais, así como os cruceiros e os cemiterios. Algún dos cruceiros máis destacados son o de San Andrés de Chamoso ou o cruceiro de S. Andrés en Hospital. En Anseán, en Pena do Souto tamén se atoparon pedras de culto. As igrexas máis antigas son de estilo románico, tendo en común a pranta rectangular e os restos deste estilo.

Venres, 01 Mai 2015 18:01

Casa da Torre de Anseán

A orixinal, pertencente o conde de Altamira, foi derrobada no século XV. A actual e unha reconstrucción recente.
 
Protección: Normas Complementarias e Subsidiarias Provinciais.
Publicado en Patrimonio Popular
Sábado, 19 Abril 2014 17:41

Santa Mariña de Cabreiros

Pequena igrexa románica nun alto de de pedra. O retablo maior é barroco.

Publicado en Patrimonio Relixioso
Domingo, 19 Abril 2015 17:39

Santiago de Fonteita

Igrexa parroquial románica do se ?culo XIII, reformada na metade frontal, con ábseide rectanguilar e semicircular. No ábside apareceron unhas pinturas que se supoñen do século XVIII, ocultas baixo unha capa de cal.

Publicado en Patrimonio Relixioso
Páxina 2 de 5

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate