O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, pretende recompilar, estudar e salvagardar a Literatura Popular de Tradición Oral e o Patrimonio  Cultural Inmaterial de interese municipal. É por iso que na páxina web do concello habilitamos unha pestana específicamente nomeada multimedia na que iremos dando a coñecer unha parte destas recollas: tradicións, contos, lendas, historias… Tamén recuperaremos imaxes, textos e cantigas: fotografías antigas, publicacións sobre O Corgo, prensa escolar… oficios artesanais, festividades cíclicas anuais, romarías, procesións… E pouco a pouco, de vagar pero sen folganza, iremos creando toda unha ampla e pormenorizada cartografía cultural corguesa.

Este é un proxecto colectivo, participativo e aberto á comunidade. Agardamos que o esforzo de todas as persoas colaboradoras sexa do agrado de quen nos visite e que coa axuda e coas achegas que agardamos, este espazo de memoria medre cada día un pouco máis, ata formar un compendio de amostras da identidade que nos caracteriza e nos singulariza como pobo. 

Así que xa sabedes: as portas do Proxecto CORGORAL están abertas!

Estamos de luns a venres, de 09:00 a 15:00 no andar de cima da Casa das Asociacións (C. P.  27.163 – O  Corgo – Lugo). 

Tamén podedes contactar connosco en concello.ocorgo@eidolocal.es

 

 

 

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, pretende recompilar, estudar e salvagardar a Literatura Popular de Tradición Oral e o Patrimonio  Cultural Inmaterial de interese municipal. É por iso que na páxina web do concello habilitamos unha pestana específica na que iremos dando a coñecer unha parte destas recollas: tradicións, contos, lendas, historias… Tamén recuperaremos imaxes, textos e cantigas: fotografías antigas, publicacións sobre O Corgo, prensa escolar… Vellos oficios, festividades cíclicas anuais,  romarías, procesións… E pouco a pouco, de vagar pero sen folganza, iremos creando toda unha ampla e pormenorizada cartografía cultural corguesa.

Este é un proxecto aberto á comunidade e que quere ser participativo. Agardamos que o noso esforzo sexa do agrado de quen nos visite e que coa axuda e coas achegas dos colaboradores,  este espazo de memoria medre cada día un pouco máis, ata formar un compendio de amostras da identidade que nos caracteriza e nos singulariza como pobo. 

Así que xa sabedes: as portas do CORGORAL están abertas!

Estamos de luns a venres, de 09:00 a 15:00 no andar de cima da Casa das Asociacións (C. P.  27.163 – O  Corgo – Lugo). 

Tamén podedes contactar connosco en proxecto.corgoral@gmail.com