Punto de Atención á Infancia (PAI)
O Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo é un establecemento de carácter diúrno e titularidade municipal, encadrado nos servizos sociais especializados do concello, que teñen como finalidade prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou gardadores dos/das nenos/nenas de entre 3 meses e 3 anos cando concorran situacións ou circunstancias que lles impidan o coidado. Ademais poderán atender aqueles casos que respondan a necesidades puntuais.
O punto de Atención a Infancia (PAI) ten como obxectivo ofrecerlles aos nenos e nenas afecto, estima, confianza, apoio e un ámbito adecuado para que desenvolvan os diferentes aspectos da súa personalidade, para que experimenten e busquen respostas á súa curiosidade e para que descubran, exploren e observen; potenciando o interese.
Capacidade total do centro:
O PAI ten autorizadas 20 prazas, reservándose en todo caso un mínimo de 1 praza para os casos considerados de carácter urxente polos servizos sociais municipais; estando a día de hoxe todas as prazas cubertas e, contando cunha gran demanda de nenos/nenas para poder asistir ao PAI.
Idades de admisión e permanencia:
Poden facer uso do servizo do PAI os pais/nais/, titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas que cumpran os seguintes requisitos de idade:
– Idade mínima: desde os 3 meses.
– Idade máxima: non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano no que se solicita a praza.
Denominación: Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo.
Enderezo: A Portela, San Xoán do Corgo – 27163 (próximo á oficina de correos)
Tfno: 982 30 23 27
Email: pai@concellodocorgo.com
Responsable: Mª Carmen Arias Díaz
Horario de Titorias:
- Mércores e xoves
- de: 16:00 – 16:30 horas.
Calendario e horario de funcionamento: O servizo do PAI desenvólvese por cursos, que abranguerá desde o 1 de setembro ata o 31 de xullo do ano seguinte, permanecendo pechado o mes de agosto para vacacións do persoal e limpeza xeral.
O servizo prestase de luns a venres, desde as 08:00 horas da mañá ata as 16.00 horas da tarde agás os días festivos, durante 8 horas de forma continuada.