![](https://www.concellodocorgo.com/wp-content/uploads/2023/07/Capa-CNT-TRD-CRG.jpg)
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE CONTOS TRADICIONAIS DO CORGO
O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, comprácese en anunciar a presentación oficial do libro de recompilacións titulado Contos tradicionais do Corgo. O acto terá lugar na biblioteca do PALCO – Punto de Atención á Lectura do Corgo este xoves 27 de Xullo, a partir das 20:00h. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos e moi especialmente orientada á veciñanza corguesa e ás persoas interesadas na literatura popular de transmisión oral. Todas as persoas que asistan ao lanzamento desta obra recibirán un exemplar de balde.